O Parlamento Europeo estudará un futuro estatuto dos blogs

venres, 26 de setembro do 2008

Onte chegou ao Parlamento Europeo unha proposta para aplicar aos blogs as mesmas normas que regulan a outras publicacións, o que moitos consideraban que podería reducir as liberdades na Rede.
Finalmente a Eurocámara decidiu que é preciso iniciar un debate aberto para definir o estatuto das bitácoras de Internet ante a necesidade de protexer aos autores (requirindo, por exemplo, que «as terceiras partes teñan que mencionar a fonte cando citen declaracións»).

PUBLICIDADE