O Parlamento Europeo ratifica a universalización dos sistemas de carga para móbiles
martes, 4 de outubro do 2022
No
mes de xuño o Parlamento Europeo chegou a un acordo provisorio para que no
outono de 2024 sexa obrigatorio que os móbiles, tabletas e cámaras que se venda
na Unión Europa poida cargarse mediante conectores USB-C, e finalmente ratifÃcase
a nova lexislación con 602 votos a favor, 13 en contra e 8 abstencións, de
xeito que se harmonizan os cargadores dos dispositivos electrónicos para finais
de 2024 e incluso engaden que na primavera de 2026 a medida se estenda tamén a
ordenadores portátiles.
Encargouse do relatorio desta novidade Alex Agius Saliba (Malta), quen asegurou
que «o cargador único será por fin unha realidade en Europa. Agardamos máis de
10 anos para esta lei, pero a plétora de cargadores actuais será pronto cousa
do pasado. A normativa permite o desenvolvemento de solucións de carga
innovadoras e beneficiará a todos, dende os consumidores, fartos de cambiar de
cargador, ao medio ambiente».
O Consello deberá agora aprobar formalmente a Directiva antes da súa
publicación no Diario Oficial da Unión Europea, entrando en vigor 20 dÃas
despois da súa publicación e dando 12 meses aos Estados membros para reflectir as
novas normas en cadansúa lexislación, e outros 12 meses para comezar a
aplicalas.
Resulta bastante ridÃculo que a o Parlamento Europeo tivese que chegar a este
punto, xa que nos últimos anos a harmonización de cargadores realizouse de
xeito natural e, na práctica, basicamente só quedaba un fabricante que non daba
o brazo a torcer (Apple), polo que, aÃnda que as declaracións realizadas no
Parlamento Europea fosen xenéricas, realmente o único smartphone que quedaba no
mercado sen carga por USB-C era o iPhone, e incluso boa parte do catálogo de
Apple migrou a USB-C nos últimos anos. Que Apple esperase a que o cambio sexa
imposto, cando son os principais desenvolvedores do estándar USB tipo C, é unha
polÃtica moi difÃcil de xustificar, e que haxa que lexislar para que certas
empresas teñan un comportamento cÃvico só destaca o pouco de fiar que son estas
compañÃas e o falsas que son as súas mensaxes promocionais na defensa do medio
ambiente.