O Reino Unido contará con televisión de alta definición en aberto

venres, 4 de abril do 2008

A Oficina de Comunicación británica anunciou a planificación dunha reestruturación da TDT no Reino Unido, o que se notará esencialmente no feito de que permitirán a emisión de televisión en alta definición en aberto.
Esta mellora da TDT comezará en 2009 e se estima que chegará a toda a xeografía do país en 2012, aínda que a meirande parte dos espectadores precisará de novos receptores para gozar de HDTV.

PUBLICIDADE