O SP1 de Vista mellora o rendemento de xogos

xoves, 27 de marzo do 2008

En Gamespot publican unha comparación de rendemento en xogos do Windows Vista SP1 en equipos con tarxetas gráficas tanto de ATI coma de nVIDIA, presentando melloras sobre a anterior versión de Vista, aínda que quedando por debaixo de equipos con Windows XP SP2.
Conclúese que Vista está a mellorar coma plataforma para o uso de videoxogos, aínda que os problemas de rendemento detectados nalgúns casos parecen producidos por drivers inmaduros.

PUBLICIDADE