Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O SdA da Deputación de Lugo grava un vídeo reivindicativo no Castro de Viladonga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O SdA da Deputación de Lugo grava un vídeo reivindicativo no Castro de Viladonga

Fernando Sarasketa
Publicado: 31/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_lugo_castro_de_rei_video.jpgO alumnado do Centro de Formación de Audiovisuais do SdeA da Deputación de Lugo (CFA) vén de colaborar nunha importante quedada reivindicativa a prol da igualdade celebrada no concello chairego de Castro de Rei. A acción reivindicativa celebrouse este xoves e consistiu na gravación dun videoclip, labor que foi realizado polo devandito centro de formación da Deputación de Lugo. No vídeo, que será divulgado na web do Servizo de Audiovisuais (SdeA) e nas redes sociais, participaron preto de douscentos rapaces e profesores da ESO e BAC do IES Terra Chá José Trapero Pardo de Castro de Rei; o CPI Luis Díaz Moreno de Baralla; e o IES Río Miño de Rábade.
A iniciativa partiu do Departamento de Música do IES Terra Chá, que dirixe o profesor Benito Buíde, quen deseñou varios xogos e exercicios de comunicación coas mans. A composición está inspirada no tema Aleluia, de Leonard Cohen, baixo o lema Somos Iguais. Somos diferentes.
depu_lugo_castro_de_rei_servizo_de_audiovisuais.jpgNa quedada traballaron finalmente uns quince estudantes de primeiro de Realización, supervisado por dous docentes do CFA, empreganmdo catro cámaras e o resto de material preciso para a gravación do vídeo. Os alumnos e alumnas ocuparon os postos de realizador, operador e axudante de cámara, técnico de son e script.
A produción audiovisual tivo como escenario o Castro de Viladonga, no Concello de Castro de Rei, espazo elixido polo seu valor paisaxístico e arqueolóxico. O alumnado gravou varias tomas da coreografía para logo editar as imaxes no Centro de Formación Audiovisual.
O Servizo de Audiovisuais da Deputación selecciona unha das propostas que lle presentan, cada curso académico, os centros educativos da provincia, para incluír na programación de prácticas formativas fóra das aulas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?