O Sergas anuncia a compra de catro telemandos dixitais para hospitais galegos
martes, 21 de agosto do 2007
Segundo informa a ConsellerÃa de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde vén de anunciar a compra de catro telemandos dixitais para centros hospitalarios da nosa terra. Con este fin, o departamento da Xunta xa abriu a apertura dun concurso público para a contratación do devandito lote, incluÃndose un orzamento de 820.000 euros. Este material tecnolóxico será empregado en diversos Hospitais da Comunidade, o Complexo Hospitalario de Ourense, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e o Hospital de VerÃn.