O WePad pasa a chamarse WeTab

luns, 10 de maio do 2010

O prometedor tablet xermano coñecido coma WePad vén de cambiar o seu nome, e dende Neofonie decidiron pasar a chamalo WeTab, o que permite continuar a identificar o produto, á vez que evitan problemas legais con Apple.
O WeTab debería chegar ao mercado no verán a un prezo de 449 euros na súa versión de 16 Gb e Wi-Fi e de 569 euros para o modelo con 32 Gb e 3G.

PUBLICIDADE