O Yahoo Messenger estrea versión web
venres, 3 de agosto do 2007
Yahoo vén de adaptar o seu servizo de mensaxerÃa instantánea para a web, de xeito que os usuarios que queiran achegarse ó mesmo non precisarán da instalación da aplicación informática correspondente, podendo establecer comunicación con usuarios de Yahoo Messenger e Windows Live Messenger dende o navegador web, asà coma organizar as mensaxes instantáneas en pestanas, facer uso de emoticonas, fontes e cores e, en definitiva, emular a aparencia da aplicación informática tradicional, pero funcionando en case calquera navegador de Internet (Explorer, Firefox, Safari e Opera) e sistema operativo.