O Zune chega aos 2 millóns de unidades vendidas

martes, 13 de maio do 2008

O reprodutor multimedia de Microsoft, o Zune, finalmente superou os 2 millóns de unidades vendidas pese a que aínda non se comercializa en Europa, o que parece ser a conta de Creative, que pasou de ocupar un 4% do mercado norteamericano no primeiro trimestre de 2007 a un 2% en 2008, mentres que Apple só baixou dun 72% a un 71%.
Microsoft faise así cun 4% do mercado dos reprodutores multimedia nos EE.UU., quedando nunha posición aceptable dentro das grandes marcas.

PUBLICIDADE