Nos últimos días o buscador de eventos profesionais e de lecer Goovent, creado dende A Coruña, renovou a súa páxina web principalmente para dotala dunha rede social de eventos que facilita compartir os nosos eventos favoritos cos amigos.
Esta ferramenta resulta especialmente práctica para localizar acontecementos que teñan lugar no noso contorno e que poidan resultar do noso interese, evitando a frustración que supón informarse dos mesmos polos medios de comunicación a posteriori. Esta plataforma recolle de xeito xeolocalizado actividades que teñen lugar repartidas por toda a xeografía española, aínda que para facilitar o seu uso procura detectar a nosa localización para que non teñamos que marcar manualmente a vila na que nos atopamos para buscar eventos nas proximidades.
Concertos, obras de teatro, monólogos, actividades para nenos, exposicións, feiras e congresos, competicións deportivas e moitos outros eventos quedan así recollidos no mapa, para que os usuarios poidan coñecer toda a oferta de eventos ao seu redor, podendo compartilos cos seus amigos aínda que non sexan usuarios de Goovent posto que esta plataforma está integrada con Facebook, o que contribúe á súa socializacion.
Na actualidade Goovent ten unha base de datos de máis de 7.000 eventos, o que conseguen en boa medida por permitir que os propios usuarios poidan engadir novos eventos, así como agregar información aos existentes, enriquecendo este servizo.
As novas características de Goovent permiten aos organizadores de eventos, patrocinadores e salas de espectáculos lograr unha maior difusión dos seus eventos, facendo máis fácil cumprir as súas expectativas. Máis polo miúdo, as novidades da web de Goovent serían as que seguen: – Rede social de eventos para compartir os eventos favoritos cos amigos. – Posibilidade de engadir eventos. – Pódese engadir ou modificar información a calquera evento de forma instantánea. – Ranking cos eventos máis valorados polos usuarios. – Novo motor de busca de eventos en tempo real. – Máis de 7.000 eventos dispoñibles nas próximas semanas. – Eventos destacados segundo a localización e a categoría. – Integración con Facebook e Twitter.
Goovent continúa co desenvolvemento de novas funcionalidades e en diferentes plataformas, para que proximamente se poida consultar toda a oferta de eventos de ocio e eventos profesionais desde calquera lugar a través de móbiles ou tablets.
O buscador de eventos Goovent renova a súa páxina web
Compartir Este Artigo

