
Contarase coa presenza de policías, investigadores e expertos, entre os que cómpre salientar a antropóloga e feminista arxentina Laura Segato. Segundo informan as organizadoras, “debido á delicadeza do tema e a seguridade das persoas participantes, algunhas das sesións non se poderán retransmitir por streaming”.
Segundo informa a Comisión de Igualdade sobre os porqués da xornada, cómpre impulsar o debate acerca do rumbo que queremos dar á Sociedade do Coñecemento, que faga honra ao seu nome e sexa integradora, formativa e beneficiosa, ou non. Apuntan as integrantes da comisión: “As redes sociais e o ciberespazo poden devir en espazos de liberdade e transformacións e, tamén, “en novas trampas para reproducir os modelos de submisión e violencia contra as mulleres”.
Atendendo a isto, desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega consideran “importante contribuír ao debate social”, de aí a convocatoria dunha xornada que, “desde unha óptica multidisciplinar, antropolóxica, educativa, xurídica, policial, entre outras”, permita afondar “na relación violencia-mocidade nas contornas vinculadas coas novas tecnoloxías”. E engaden: “Propoñemos unha achega ás novas formas de violencia que, acotío e a través do ciberespazo, se traducen en formas de control e dominación sobre as mozas”.
O ciberacoso de xénero e na mocidade, a debate este 10 de outubro no CCG
Compartir Este Artigo
