O ciclo HumanIA pon o foco na confluencia entre a arte e IA este mércores no CITIC
luns, 11 de novembro do 2024
A directora de Artworld Law, Marta Suárez-Mansilla, experta en dereito do arte e novas tecnoloxÃas, impartirá un obradoiro formativo o vindeiro 13 de novembro, dentro do ciclo HumanIA organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol da UDC, en colaboración co CITIC. As prazas son limitadas, polo que a organización recomenda o rexistro con antelación na web de Horizonte HumanIA. A cita celebrarase no CITIC.
Abéirase ao ciclo HumanIA: O desafÃo para as Humanidades en tempos da Intelixencia Artificial, un espazo de aprendizaxe no que a comunidade universitaria e os profesionais de diversas disciplinas poden descubrir como a IA está transformando a sociedade e os postos de traballos relacionados coas humanidades.
O ciclo está organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDC en colaboración co CITIC, co obxectivo de promover un diálogo no que se amosen novas formas de comprender a arte, a cultura, a historia e a linguaxe co apoio da tecnoloxÃa máis innovadora.
Nesta nova sesión de novembro será Marta Suárez, avogada, investigadora e xestora cultural a encargada de falar sobre Arte e creatividade na era da IA. Como directora de Artworld Law, unha asesorÃa especializada, ofrece servizos centrados no mercado da arte e a protección do patrimonio, cun enfoque nos desafÃos dixitais contemporáneos, como a cadea de bloques (blockchain), o metaverso, os NFTs e a Intelixencia Artificial.
A organización salienta a sólida traxectoria da relatora nos eidos da consultarÃa xurÃdica e a xestión cultural, especialmente no ámbito da arte contemporánea, onde ten traballado tanto con creadores como con profesionais do sector. Liderou proxectos culturais nos sectores público e privado e segue vencellada a diversas asociacións culturais que ten dirixido.
Marta Suárez combina, ademais, o seu traballo profesional coa investigación académica, tendo realizado unha estancia profesional na ONU e participado como docente en múltiples universidades. O seu traballo e publicacións sobre arte, dereito e novas tecnoloxÃas son amplamente recoñecidas.