O coche autónomo e conectado que percorrerá as estradas españolas colle impulso dende Vigo
xoves, 23 de setembro do 2021
O
Auditorio
Mar de Vigo acolleu este 22 de setembro a primeira xuntanza do
proxecto ARTUS, Constelación de Laboratorios para a Mobilidade
Conectada. Foi un acto dirixido e coordinado pola Zona Franca de
Vigo, no que participaron representantes das administracións
impulsaras e das empresas implicadas para desenvolver dar o empurrón
definitivo ao coche autónomo e intelixente no ámbito estatal.
O
Ministerio de Industria, a través da súa Dirección Xeral de
Industria, convocou ás entidades públicas e ás empresas privadas
interesadas en impulsar o proxecto tractor do vehículo conectado
nunha reunión organizada pola Zona Franca de Vigo. O eixo da
xuntanza foi o proxecto ARTUS, liderado por Cellnex.
Ao
encontro asistiron as empresas que manifestaron interese en
participar e coñecer o plan para impulsar o vehículo do futuro.
En
total, participaron 15 administracións (a Generalitat de Catalunya,
a Generalitat Valenciana, o Goberno de Aragón, a Xunta de Castela e
León e a Xunta de Galicia/IGAPE, Concellos de Castellolí, Zaragoza,
Valladolid e Vigo, a Deputación de Pontevedra, así como os
Consorcios da Zona Franca de Barcelona e a Zona Franca de Vigo e o
Porto de Alacante) ás que se uniron a Dirección Xeral de Tráfico
(DXT) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), ambas
entidades cun papel estratéxico pola importancia da seguridade
viaria e a protección tecnolóxico-dixital, como “factores
críticos do proxecto”.
Ademais,
participaron as 21 empresas e entidades do consorcio privado que
lidera Cellnex Telecom, co apoio de Grant Thornton: Renault, CEGASA,
ANFAC, Sernauto, Fundación Ibercaja, Fundación ONCE, CTAG, Idiada,
CTTC, BSC-CNS, IThinkUPC, Parcmotor Castellolí, Enide Solutions,
Optare 5G, Nearby Computing, Madcoms Networks, Eurocybcar, Project, e
S2 Grupo.
Finalmente,
contouse coa presenza do Grupo Stellantis, SEAT, Gestamp, ZF_Dalphi
Metal, Magna Seating, Borgwarner Emission Systems Clúster de
Automoción de Galicia (CEAGA) e ASIME (Asociación de Industriais
Metalúrxicos de Galicia.)
O
Proxecto ARTUS ten como obxectivo deseñar, probar e homologar
tecnoloxías de futuro nos laboratorios de probas que se construirán
para ese efecto, creando nun futuro un centro de certificación e
homologación. Con este plan, España quere acadar “unha clara
vantaxe competitiva no ámbito científico e industrial co beneficio
que isto reporta á sociedade: crecemento económico e de emprego,
atracción de investimento, así como, mellora na seguridade e apoio
no proceso de descarbonización”. Neste sentido Zona Franca de Vigo
e CTAG concorren no programa co proxecto Atlantrack, un centro de
validación de vehículos eléctricos e autónomos.
O
director de ARTUS en Cellnex Telecom, Fernando Brea, destacou que “o
proxecto creará unha rede de laboratorios de mobilidade que serán
clave no desenvolvemento das futuras infraestruturas viarias de
telecomunicacións, base para a mobilidade conectada. Cellnex Telecom
lidera este proxecto co obxectivo de desenvolver as tecnoloxías
necesarias para o despregamento destas infraestruturas de forma
coordinada co sector da automoción e a mobilidade”.