O dispositivo para axudar aos golfiños premiado en Galiciencia estará na maior feira STEM de Europa
martes, 27 de marzo do 2018
Os
nosos novos
investigadores (novas e novos,
literalmente falando) están a facer
ruÃdo a nivel galego, estatal e, tamén europeo. Por exemplo os
responsábeis do proxecto gañador do certame Galiciencia (impulsado
pola Tecnópole), dirixido a espertar vocacións cientÃficas e
tecnolóxicas a través dunha gran feira de achados, un completo
programa de obradoiros, campamentos e exhibicións e un concurso para
premiar os mellores proxectos. Pois,
ben, segundo puidemos saber, a equipa responsábel do proxecto
gañador da última edición de Galiciencia representará a España
na meirande feira cientÃfica de Europa. A chave para acadar este
pase foi a súa vitoria en Expocerca.
A
orixe do éxito deste proxecto hai que
rastrexala en 2017, cando se impulso no certame Galiciencia 2017 e
logo, gracias ao dito recoñecemento, participou en Expocerca 2018
representando ao Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Agora,
Carlos Fole, Jaime Alonso, Miguel Herranz e
Mateo MartÃnez, do Colexio Montecastelo de Vigo, volven de Catalunya
co primeiro premio da que serÃa, en
palabras da Tecnópole, a feira cientÃfica
máis relevante de España. Cal é o
seguinte paso? Pois, o vindeiro mes de
xullo, Carlos, Jaime, Miguel e Mateo
representarán a España no certame europeo Expo-Science Europe, que
se celebrará na cidade polaca de Gdynia.
O seu
enxeño, a razón dos seus éxitos e recoñecemento, é unha
tecnoloxÃa cun gran compoñente medio ambiental e de
responsabilidade co medio mariño. Trátase dun dispositivo para
salvar vidas de golfiños varados que, ademais, inclúe unha
aplicación móbil
para facer comunidade de usuarios-colaboradores arredor de proxecto e
permitir que calquera persoa poida fotografar unha manda de golfiños
na costa ou mesmo
un varamento e enviar a imaxe cos datos de situación. As vantaxes
disto son claras e evidentes: amais de salvar a vida de moitos
golfiños, trázanse mapas de tránsito de arroaces nas nosas costas
e contribúese a limitar o tráfico marÃtimo en contornas concretas.
Segundo
explica a Tecnópole, o dispositivo
salvavidas de golfiños
varados tivo un papel moi destacado
entre os 112 traballos presentados en
Exporcera, 42 deles procedentes de Brasil,
China, México, Paraguai, Bélxica e TurquÃa. Ademais do primeiro
premio, os estudantes fixéronse co accésit ao mellor proxecto na
categorÃa ciencia en sociedade.
O
enxeño, bautizado co nome de SISEDE
(Sistema de Seguimento de DelfÃns), inclúe
a programación dun hidrófono para ser
mergullado no mar e,
mediante a captación do son que emiten os golfiños, facer
seguimento dos cetáceos e emitir alertas á
Coordinadora para o Estudo dos MamÃferos Mariños (CEMMA) e ao 112
cando se detecte que entran en zonas de perigo de varamento.
Máximo
recoñecemento dos participantes
Ademais,
a alumna de Aulas Tecnópole Iria Ollero logrou que o seu proxecto
fose votado como o preferido polos participantes na
devandita feira celebrada en Catalunya. O
seu Baby safety
levou o recoñecemento máximo outorgado polos seus compañeiros e,
ao mesmo tempo, rivais no certame. O sofisticado dispositivo foi
concibido nas Aulas Tecnópole e consiste
nun enxeño múltiple para a prevención da
morte súbita dos
lactantes. A
partir dos parámetros indicados polos pediatras, deseñou catro
dispositivos que permiten controlar os factores de maior risco. Dous
deles fan seguimento da posición do
bebé no berce mediante uns sensores de presión e unha cámara de
IR, outro controla de xeito simultáneo a temperatura da habitación
e do bebé e un cuarto sistema consiste nun body
que mide as pulsacións do lactante mentres dorme. Cando algún dos
sensores rexistra unha situación de risco, actÃvase unha alarma
sonora que avisa aos pais de xeito inmediato.
Ademais,
Laura Costas e Inés Castro, do Colexio Alborada de Vigo, levaron un
terceiro premio na Exporecerca co mesmo proxecto que fora recoñecido
como o máis innovador na Galiciencia 2017. Trátase
dun invernadoiro con autorrego de auga de
mar, con forma de piscina cuberta.