O equipo da Cátedra INDITEX-UDC de IA organiza un seminario sobre algoritmos verdes
mércores, 2 de abril do 2025
- Adina Dumitru e Javier Sanz, relatores do webinar
Inserido no Programa Nacional de Algoritmos Verdes (PNAV) mañá, xoves 3 de abril, terá lugar o webinar Ecosistema PNAV: Implicacións éticas, sociais e económicas dos algoritmos verdes.
Neste encontro, que dará comezo ás 10 horas, o equipo da Cátedra INDITEX-UDC de IA en Algoritmos Verdes analizará o impacto da Intelixencia Artificial desde a perspectiva das Ciencias Sociais.
Cómpre sinalar que a Cátedra forma parte do PNAV, un plan xestionado pola Subdirección Xeral de Fomento e Regulación da IA, dependente do Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública. A dita sesión abranguerá esta cuestión desde dúas disciplinas: a PsicoloxÃa e o Dereito, e contará coas achegas de dous membros do equipo de investigación da Cátedra e da Universidade da Coruña. Adina Dumitru, especialista en PsicoloxÃa Evolutiva e da Educación, falará sobre Barreiras e facilitadores do comportamento pro-ambiental: perspectivas psicolóxicas con aplicación á IA; levando a cabo unha análise dos factores que inflúen na adopción de comportamentos sostÃbeis e como inserilos no deseño de ferramentas de IA.
Pola súa banda, Javier Sanz, experto en Dereito Administrativo, presentará o relatorio: Cara a ordenación xurÃdica dos algoritmos verdes: regulación e/ou autorregulación?, explorando o marco regulatorio actual e futuro preciso para desenvolver algoritmos con impacto ambiental positivo.
Asemade, a directora da Cátedra e investigadora do CITIC da UDC, Verónica Bolón, fará unha presentación da actividade e dos obxectivos desta iniciativa que forma parte do ecosistema do Programa Nacional de Algoritmos Verdes, encamiñado a situar a España na vangarda da investigación e aplicación de mellores prácticas para o desenvolvemento da IA verde e asà contribuÃr á redución do impacto ambiental das tecnoloxÃas dixitais.
Dicir que o Programa está integrado por expertos independentes, universidades, startups, certificadoras, entidades industriais, tecnolóxicas, provedores cloud e organizacións gobernamentais que compartan o seu compromiso coa sostibilidade.
A xeito informativo, a Cátedra Inditex-UDC de IA en Algoritmos Verdes é unha das 21 cátedras ENIA (Estratexia Nacional en Intelixencia Artificial) concedidas polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. Dirixida pola investigadora do CITIC, Verónica Bolón, o obxectivo desta cátedra é mediante a investigación reducir o impacto ambiental das aplicacións informáticas, asà como o seu uso para atopar solucións sostÃbeis, máis coñecidas como algoritmos verdes.
A Cátedra segue catro liñas de investigación: desenvolvemento de algoritmos eficientes a nivel enerxético; IA para eficiencia enerxética e desenvolvemento sostÃbel, robótica sostÃbel e estudo das implicacións éticas, sociais e económicas dos algoritmos verdes.
O equipo de persoas que forman parte da cátedra está composto por 20 membros, 16 dos cales están adscritos ao Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións da UDC (CITIC).