O experto Mutlu Cukurova falará no CITIC da intelixencia artificial na educación
venres, 28 de abril do 2023
O
Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña
(UDC) organiza unha nova edición do seu ciclo de conferencias
internacionais sobre Intelixencia Artificial. Desta
volta, o ciclo conta coa participación do profesor Mutlu Cukurova,
do University College de Londres (UCL), que realizará un
relatorio centrado no potencial da IA na educación e as súas
vantaxes para mellorar o ensino e a aprendizaxe.
Continúa
asà a liña de charlas divulgativas sobre IA que iniciou o Centro
coa conferencia da profesora de tecnoloxÃa educativa da Old Dominion
University (ODU) de Norfolk (Virginia), Helen Crompton, que falou das
novas ferramentas de IA que cambian a forma de entender a educación,
como o ChatGPT.
Durante
a conferencia de Mutlu Cukurova, o experto ofrecerá unha imaxe
holÃstica das implicacións da IA na educación cun enfoque centrado
no seu potencial para axudarnos a mellorar a práctica do ensino e a
aprendizaxe. Explicará que a investigación interdisciplinaria das
ciencias da aprendizaxe axudounos a comprender a forma na que os
humanos aprenden; e esta mesma liña de investigación debe usarse
agora para informar mellor do desenvolvemento de tecnoloxÃas de IA
para o seu uso en educación. Responderá á pregunta sobre se talvez
para a investigación educativa o propósito final sexa mellorar os
resultados educativos en lugar de mellorar o estado do campo en IA.
Tamén trazará os enfoques que defenden que a IA facilita o traballo
dos educadores e estudantes na toma de decisións. Por último,
falará sobre se optimizar procesos cognitivos, en lugar de
substituÃlos a través da automatización, poderÃa ser máis
produtivo.
Ampla traxectoria
O
profesor Mutlu Cukurova, do UCL, é especialista en novas ferramentas
de aprendizaxe home-máquina. Estuda o potencial das solucións de
análises e IA para apoiar a aprendizaxe humana. Está interesado en
apoiar a capacidade das persoas para aprender a aprender e resolver
problemas complexos de forma colaborativa. En xeral, o seu traballo
ten como obxectivo abordar o desafÃo socioeducativo de preparar ás
persoas para un futuro que requirirá moito máis que as habilidades
cognitivas rutineiras que actualmente valoran moitos sistemas
educativos. A súa investigación é interdisciplinaria e abrangue a
investigación nas ciencias da aprendizaxe, a informática e a
interacción humano-máquina.
En
UCL Knowledge Lab xestiona proxectos de investigación de diferentes
categorÃas e é profesor en Educación e TecnoloxÃa. Ademais,
participa en actividades de formulación de polÃticas relacionadas
coas tecnoloxÃas dixitais para a aprendizaxe como experto externo
(incluÃdos os grupos de expertos externos da UNESCO, o OIEA e a UE),
forma parte do grupo de traballo Grand Challenges on
Transformative Technologies do UCL, é editor do British
Journal of Educational Technology e editor asociado de
International Journal of Child-Computer Interaction.
