O ano pasado varios dos responsables da serie de televisión Veronica Mars, da que esperábase que houbese continuación en forma dunha nova serie ou incluso dun filme, uniron esforzos e organizaron unha campaña de micromecenado para xuntar 2 millóns de dólares para poder facer un filme continuando a anterior ficción. A resposta foi moito mellor do agardado, sumando máis de 5,7 millóns de dólares, o que permitiralles facer historia por ser a primeira vez que o crowdfunding consegue recuperar unha serie de televisión cancelada e, como era de agardar, os formatos dixitais tamén terán moito que ver co retorno de Veronica Mars.
A longametraxe de Veronica Mars estrearase globalmente o 14 de marzo, chegando a algunhas salas de cine norteamericanas, mentres que dende España, na mesma data, a película poderá adquirirse a través de iTunes, Xbox, PSN, Wuaki TV, Google e Nubeox ou alugarse a través de Movistar TV, Ono, Orange e Canal+ Yomvi. Quen non guste dos formatos en liña, a estrea da edición de DVD desta obra tampouco tardará en chegar, estando dispoñible a partir do 6 de maio, deixando clara a necesidade de estreitar cada vez máis as fiestras de explotación no audiovisual.
Trailer do filme financiado a través de Kickstarter
O filme de Veronica Mars estrearase en España a través de streaming
Compartir Este Artigo
