O grupo parlamentario nacionalista apoiará a iniciativa da Asocaciación PuntoGal
luns, 24 de setembro do 2007
A Asociación PuntoGal mantivo unha xuntanza en
Compostela con membros do grupo parlamentario do BNG dentro dunha campaña de
presentación da súa iniciativa ante os grupos políticos.
O grupo parlamentario nacionalista conversou así cos representantes da Asociación,
Manuel González, Camilo Regueiro e Lois Rodríguez, ós que manifestaron
o seu respaldo para conseguir un dominio propio para a lingua e cultura
galegas, completándose así o apoio dos 3 grupos presentes no Parlamento de
Galicia.
