O investigador do CITIC Javier Parapar realizou unha estadía en Google AI

xoves, 12 de novembro do 2020 S. P.

O investigador do CITIC (o Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) Javier Parapar vén de regresar dunha frutífera estadía como Visiting Faculty Researcher na división de Google adicada á Intelixencia Artificial (Goole AI) con sede Londres. Durante oito meses, traballou no equipo de Sistemas de Recomendación.
Entre os traballos realizados durante a súa estancia estivo o de mellorar a licitación de preferencias de usuarios para sistemas de recomendación conversacionais mediante un modelo de diversificación baseado en bandidos bayesianos. O obxectivo destes traballos é perfilar axeitadamente as preferencias dos usuarios, unha cuestión fundamental para coñecer “de xeito fiábel” os intereses de novos usuarios e poder xerar mellores recomendacións de ítems.
O modelo xerado, que será publicado na ACM WSDM 2021 (14th ACM International Conference on Web Search and Data Mining), consegue melloras importantes non só na relevancia dos ítems recomendados, senón tamén na súa diversidade e serendipia.

PUBLICIDADE