O modelo de pagamento ou consentimento de Meta é considerado ilegal pola Comisión Europea
luns, 1 de xullo do 2024
En marzo a Comisión Europea anunciou a apertura de investigacións sobre se Alphabet, Meta e Apple vulneraban a Lei de Mercados Dixitais, e no caso de Meta a cuestión que levantaba sospeitas era o novo modelo de pagamento ou consentimento que a compañÃa de Mark Zuckerberg presentaba como xeito de obter o consentimento dos usuarios para poder procesar os seus datos persoais.
Como era de prever, a Comisión informou a Meta das súas conclusións preliminares, nas que o modelo adoptado pola compañÃa vulnerarÃa a Lei de Mercados Dixitais (DMA), xa que a compañÃa non ofrecerÃa de xeito efectivo unha alternativa de acceso ás súas plataformas sociais nas que se contase cun menor nivel de personalización sen ter que pasar por caixa para non recibir publicidade.
A Comisión considera que a proposta de Meta non respecta a DMA por non permitir aos usuarios o acceso aos servizos cun menor uso dos seus datos persoais (ou sexa, con publicidade sen personalizar) e non permite aos usuarios exercer o seu dereito a un consentimento libre aos tratamento dos seus datos persoais.
Considérase asà que non é legal que a única opción para evitar unha publicidade altamente personalizada en base ao tratamento de datos persoais sexa compensar á plataforma economicamente mediante subscrición, pois é totalmente viable que presenten publicidade menos personalizada, e o modelo actual de Meta é máis cunha coacción que unha elección.