O novo número da Revista de Educación, dedicado cen por cen ás novas tecnoloxías

mércores, 11 de xullo do 2007

A Revista Galega de Educación presentou un exemplar dedicado exclusivamente a analizar o papel das novas tecnoloxías no ensino galego, realizado coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación. O monográfico, de máis de 80 páxinas, recolle máis de 15 experiencias que se teñen desenvolvido en Galiza en relación coas TIC.. Este exemplar xorde co obxectivo de contribuír ao estudo sobre as competencias educativas que se poden lograr coas novas ferramentas que hoxe existen.
Os libros multimedia, o linux en galego e os portais de contidos educativos son algúns dos temas abordados.

PUBLICIDADE