Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo proceso de apagamento da TDT comezará por Lugo e outras 16 provincias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo proceso de apagamento da TDT comezará por Lugo e outras 16 provincias

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/01/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

torredecomunicaciones3rec.jpgEn febreiro imos ter novidades importantes en materia de Televisión Dixital Terrestre e estándar móbil 5G (a nova xeración de comunicacións móbiles), novidades que, literalmente, tocarannos de preto na nosa terra. En termos concretos, a partir do 10 de febreiro a televisión TDT deixará de emitirse en territorios das seis comunidades autónomas de España, incluídas amplas contornas de Galicia.
Como lembraremos, este apagamento das frecuencias da TDT vén motivado pola necesidade de deixar espazo libre ao despegue de 5G, que se iniciará na dita data do 10 do mes vindeiro en Galicia, Aragón, Euskadi, Andalucía e as dúas Castelas. Nestes territorios as vivendas deberán ter adaptado os seus sistemas de recepción de sinal para poder seguir desfrutando das canles de TV. O proceso rematará o 3 de marzo.
O apagamento implicará o despexe da banda de 700 megahercios (o segundo dividendo dixital). As primeiras liberacións levaranse a cabo nas provincias de Albacete, Almería, Áraba, Biscaia, Córdoba, Guipúscoa, Granada, Huelva, Huesca, Baleares, Lugo, Málaga, Segovia, Soria, Teruel, Valladolid e Zaragoza. Co fin de impulsar a adaptación dos receptores de sinal este mes de xaneiro lanzarase unha campaña informativa e divulgativa de reforzo.
O proceso de resintonización
O proceso de adaptación a estes cambios xa arrincou a finais de verán na nosa terra. Así, o pasado mes de setembro comezou na provincia de Lugo o proceso de cambio de frecuencias da TDT en Galicia, que afecta á resintonización da Televisión de Galicia no marco da liberación do segundo dividendo dixital. O proceso que botou a andar primeiramente en toda a provincia de Lugo estenderase coa chegada do novo ano (este 2020 que vén de comezar) ás provincias de Ourense e Pontevedra, mentres que a provincia da Coruña non terá que realizar cambios nesta primeira fase do cambio de frecuencias.
Durante o proceso de adaptación (vixente aínda) as emisións da TDT estanse a realizar de maneira simultánea nas frecuencias actuais e nas futuras, sendo o plan cesar as emisións nas frecuencias actuais nun prazo de seis meses (ou sexa, este mes de febreiro). No caso das vivendas individuais o cambio só está a supoñer unha resintonización nos televisores do fogar, mentres que en instalacións colectivas, segundo advertimos en setembro, é posible que sexan precisos axustes por parte dun instalador autorizado, para o que existe unha liña de axudas do Goberno de España para compensar pola adaptación das instalacións (a través das que achegarán entre 104 e 677 euros por instalación).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?