O número de Macs conectados á Rede podería sufrir un lixeiro descenso

luns, 5 de novembro do 2007

Un estudo de Net Applications sorprende ó reflectir que, mentres Apple racha con tódalas súas marcas en vendas, parece que o número de ordenadores que acceden á web dende equipos Mac vai en descenso, pasando dun 6,61% a un 6,55%, destacando tamén o feito de que Windows Vista pasou chegou xa ó 4,5%.
O estudo tamén amosa que o mes de outubro foi o primeiro no que os equipos de Apple con procesadores Intel superaron en número ós vellos con PowerPC de IBM (que Apple abandonou en 2005).

PUBLICIDADE