Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Fortissimo que coordina o CESGA achega dous millóns de euros para experiencias de simulación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Fortissimo que coordina o CESGA achega dous millóns de euros para experiencias de simulación

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/05/2014
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

fortissimo.jpgA Comisión Europea vén de identificar ao abeiro do seu programa Factorías de Futuro que as prácticas de modelado e simulación son aínda máis importantes para o impulso económico do tecido económico do que se cría nun principio. Especialmente para as pequenas e medianas empresas (PEME), para as que as ditas prácticas -xunto con outras tecnoloxías como a robótica- preséntanse como factores clave de medre e competitividade. Dentro deste eido, salientan as PEME manufactureiras. Para achegarlles estas metodoloxías de traballo, a Comisión deu forma a unha iniciativa denominada I4MS (ICT Innovation for Manufacturing SMEs, InnovaciónTIC para as PEME manufactureiras). Ao seu abeiro, fináncianse proxectos que avalían as posibilidades destas tecnoloxías. Dentro deste programa, cumpre un papel importante o centro galego CESGA.
Máis polo miúdo, o Centro de Supercomputación de Galicia encárgase de facilitar a preparación de propostas de experiencias por parte das PEME de España e Portugal para o proxecto Fortissimo, que vai pola súa segunda edición. “Despois do éxito acadado na primeira convocatoria a través da que se financiarán sete experiencias lideradas por empresas españolas”, informa o CESGA, “o proxecto Fortissimo lanza agora unha segunda achega con 2.000.000 euros de financiamento para incorporar máis experimentos innovadores complementarios aos existentes liderados polas PEME”.
Segundo engaden fontes do centro galego, a iniciativa europea que este coordina a nivel peninsular financia experiencias innovadoras para contribuír ao deseño e a demostración do potencial dun conxunto de servizos de computación de altas prestacións en cloud. “O principal obxectivo de Fortissimo, engade o CESGA, “é facilitar á industria manufactureira europea, principalmente PEME, as vantaxes competitivas e a eficiencia do uso da simulación”. Isto conseguirase a través da provisión de servizos de simulación soportados nunha infraestrutura con tecnoloxía cloud baseada sobre contornas de computación de altas prestacións (HPC).
Resumindo, Fortissimo fará accesibles os servizos avanzadas de simulación aos usuarios industriais empregando o concepto de portelo único, un concepto onde hardware, software, coñecemento técnico, visualización e ferramentas estarán dispoñibles a tempo completo, ao alcance da man das manufactureiras e as enxeñarías.
Segundo informa o CESGA, Fortissimo acubilla arestora a execución de de 20 casos de usos industriais. A partir de xullo de 2014 arrincarán outros 22 novos casos seleccionados na primeira convocatoria. Os responsables da iniciativa buscan agora máis experiencias para investigar e amosar os servizos de simulación para manufactureiras e enxeñarías, complementarios aos xa existentes.
Buscando novos experimentos de simulación
Como dixemos, Fortissimo busca arestora novas experiencias de investigación e demostración, “relevantes desde o punto de vista do negocio dos servizos de simulación para manufactura e enxeñaría”, que utilicen a súa contorna cloud de HPC”. Para iso abriu este mes de maio unha convocatoria de novos experimentos coas seguintes características:
· Financiamento total: 2 millóns de Euros
· Financiamento máximo por cada experiencia: Máximo 250.000.
· Data límite para enviar propostas: 18 de xuño de 2014 ás 17:00 CET
· Datas previstas para a execución: de 1 de xaneiro de 2015 a 30 de xuño de 2016
· Características: proxectos relevantes dende o punto de vista de negocio e con potencial para xerar oportunidades ás PEME manufactureiras a través do uso de servizos de simulación no Fortissimo HPC Cloud; darase prioridade a experiencias complementarias ás existentes; ademais a experiencia deberá incluír todos os participantes precisos na cadea de valor para a execución da mesma e a realización dos servizos.
As empresas interesadas en propor casos de uso e acceder a este financiamento poden contactar con CESGA a través de fortissimo@cesga.es. Tamén poden informarse polo miúdo a través dos webinar públicos que se celebrarán nas seguintes datas:
· O mércores 14 de maio de 2014 ás 11:00
· O luns 19 de maio ás 11:00
· O mércores 21 de maio de 2014

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?