O sector forestal fórmase en novas tecnoloxÃas
martes, 6 de novembro do 2018
Hoxe
inaugurouse en VerÃn unha actividade formativa para avanzar na
dixitalización do noso sector da madeira. Trátase
do curso Aplicación das TIC á xestión dos aproveitamentos
forestas e ás relacións coas administracións, moi centrado
en botar luz sobre os recursos tecnolóxicos actuais para facer máis
doado o traballo dos profesionais galego deste ámbito: doado,
sinxelo, áxil e accesÃbel. O obradoiro vén da man da federación
galega FEARMAGA, co pulo da Xunta, no marco da Estratexia de
formación da industria forestal de Galicia. O curso forma parte dun
programa formativo dirixido a impulsar a especialización de máis de
5.000 profesionais.
O
obxectivo é dar resposta ás necesidades das empresas e facilitar a
adaptación dos traballadores á incorporación da última
tecnoloxÃa. Dentro da devandita Estratexia, estanse a desenvolver
dúas ducias de accións formativas e outras tantas de divulgación,
con axudas por máis de 180.000 euros das que se benefician sete
entidades, entre as que se atopa FEARMAGA.
Na
cita de hoxe participou o director da Axencia Galega da Industria
Forestal (XERA), Ignacio Lema, que salientou na apertura do curso a
posta en marcha de medidas tecnolóxicas para simplificar os trámites
e os permisos dos profesionais e das empresas do sector. Neste senso,
Lema destacou a habilitación dunha plataforma de comunicacións e
autorizacións de aproveitamentos forestais que facilita a
tramitación. O director da axencia lembrou que, en menos de catro
meses, a plataforma recibiu 17.130 solicitudes, o que se traduce nuns
155 trámites diarios.