O simposio Urban Solutions presentará en Santiago como serán as cidades do futuro
martes, 12 de setembro do 2023
- Roberto Carlos González
A
Cidade da Cultura de Santiago acollerá do 4 ao 6 de outubro a
segunda edición do simposio Urban
Solutions, organizado pola Agrupación industrial de Enerxías
Renovables de Galicia (CLUERGAL). Durante tres días, daranse cita no
complexo do Gaiás algúns dos máis destacados profesionais e das
empresas máis innovadoras da Península Ibérica, que aproveitarán
para presentar ás administracións e ao público en xeral os seus
últimos avances para o deseño, planificación e desenvolvemento da
transformación tecnolóxica dos espazos urbanos.
“Queremos
dar a coñecer o coñecemento dos profesionais e a empresas que se
encargarán de definir, deseñar, planificar e crear unha urbe
eficiente, intelixente, conectada, innovadora e accesíbel para os
cidadáns”, explica Roberto Carlos González Fernández, director
de Urban Solutions. “Os asistentes ao simposio poderán coñecer
todo sobre as tendencias e as mellores solucións técnicas para as
cidades en eidos como o enerxético, a mobilidade, os parques
urbanos, as infraestruturas, a sustentabilidade e a iluminación”,
engade Roberto Carlos González.
- Oriol Sarmiento
Pola
súa banda, Oriol Sarmiento Díez, xerente de CLUERGAL destaca que
“Urban Solutions é un importante foro de coñecemento sobre todo o
que teña que ver coas cidades do futuro, abordando temáticas de
tanto interese como a enerxía, a iluminación, a mobilidade, os
parque urbanos, as infraestruturas ou a sustentabilidade. Sectores
que sempre se manteñen á vangarda do desenvolvemento e da
innovación polo que necesitan de simposios como este de Santiago de
Compostela para difundir ese coñecemento e servir de punto de
encontro para os diferentes axentes do sector”.
Para
mostrar todas estas novidades, Urban Solutions contará cun variado e
relevante programa de relatorios. A maiores, contarase cunha zona
de exposicións, onde as empresas poderán expoñer os seus produtos
e servizos, así como establecer contacto con clientes e
prescritores.
“Durante
tres días poderemos adquirir novos coñecementos e, como non pode
ser doutra maneira, teremos tamén moito networking a través
de reunións, cafés, xantares e ceas. Será unha oportunidade
perfecta para coñecer como serán as cidades do futuro e os
especialistas que están chamados a cambialas”, adianta Oriol
Sarmiento.
Durante
o evento entregaranse ademais os II Premios Parques Urbanos e os I
Premios de Iluminación, que recoñecerán as mellores prácticas en
proxecto, deseño, execución, uso e mantemento dos parques urbanos e
das instalacións de iluminación realizadas polos profesionais do
sector. Dous concursos nos que participan municipios, entidades
territoriais e actuacións privadas de todo o territorio nacional.