Obradoiros sobre os usos da Internet en Arzúa

venres, 17 de xullo do 2009

Hoxe remata o prazo para inscribirse nos obradoiros gratuítos programados para a segunda quincena no mes no telecentro de Arzúa. A primeira actividade vai dirixida ao sector máis mozo da poboación con xogos educativos de Internet, e aos maiores de 18 anos instruiráselles na busca de información na Rede. A maiores, o día 22 tamén terá lugar unha xornada para achegar aos maiores de 10 anos aos recursos culturais e de lecer aos que pode accederse a través da Internet.

PUBLICIDADE