Ofrecen en venda máis de 100 dominos de Internet en galego

martes, 12 de febreiro do 2008

Francisco Antonio de la Torre Vilas, xerente de Cibervision Networks, conta cun catálogo de máis de 100 dominios de Internet que contarían con moito atractivo para negocios galegos coma mercar.com, viaxar.com, videoxogos.com ou traballos.com, adquiridos nun principio para desenvolver webs sobre os mesmos, pero que actualmente se están a ofrecer en conxunto por 3 millóns de euros.
Vilas asegura que «os dominios de Internet son os locais comerciais do futuro» e «dispor dun bo nome de domino é coma ter o mellor local na mellor rúa comercial no mundo físico».

PUBLICIDADE