Operación contra a fraude do IVE na venda de CD e DVD en España e Portugal

xoves, 2 de abril do 2009

A Garda Civil e a Axencia Tributaria, coa colaboración coa Garda Nacional Republicana de Portugal, detiveron a 18 persoas nunha operación contra a fraude do IVE por valor de 7 millóns de euros na venda de CD e DVD virxes, que se concretou en 12 rexistros en Madrid, Barcelona e Pontevedra, e 8 en Portugal.
Entre os detidos está un alto responsable da sede de Barcelona de Verbatim, compañía que subministraba o material comercializado.

PUBLICIDADE