Os chistes poderían estar en perigo de extinción por culpa da Internet

luns, 1 de outubro do 2007

A publicación británica Loaded Magazine realizou unha enquisa da que se reflectiu que o 75% dos ingleses pasa unha hora á semana no traballo mandando correos electrónicos graciosos, en boa medida polo doado que é reenviar contidos deste tipo que se distribúen deste xeito, pero que parece estar acabando cos chistes. Só o 5% dos consultados dixo que nunca recibira un chiste por e-mail.
Parece ser que esta nova tendencia está a rematar coa práctica de contar chistes, de xeito que o 40% dos enquisados admitiron que só relataba unha e outra vez un par de chistes, de xeito que a Internet podería estar a rematar con este xeito de transmisión oral, pasando a ser ocupada por elementos máis visuais coma os vídeos de YouTube.

PUBLICIDADE