Os dominios .cat celebran o seu 3º aniversario rebaixando o seu prezo

martes, 16 de setembro do 2008

A Fundació PuntCAT quere celebrar o terceiro aniversario da aprobación do dominio de Internet .cat por parte da ICANN rebaixando dende hoxe os seus dominios un 33%, cando o pasado febreiro xa reduciran o seu prezo un 25%, polo que no que vai de ano o prezo dos dominios .cat se terían reducido á metade.
Nos 2 anos e medio que leva en funcionamento este dominio de Internet conseguiu superar os 30.000 rexistros, o que podería auspiciar un bo futuro para un futuro dominio para a lingua e a cultura galega.

PUBLICIDADE