Os fondos do Centro Ramón Piñeiro estarán accesibles na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
xoves, 19 de xullo do 2007
As letras galegas contarán en breve cun novo portal, posto en marcha e mantido de xeito conxunto entre a Biblioteca Virtual Miguel de Certantes e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación de Humanidades. Así o fixo saber este xoves Política Lingüística no acto de presentación do proxecto web, que porá ó alcance da man da comunidade internauta as obras que abranguen os traballos de investigación do dito Centro, “fundamentais no ámbito da literatura galega”. Estes documentos e o novo portal estarán accesibles a través da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. As obras coas que se inaugurará o servizo son A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire e A gaita galega (a primeira revista da emigración en galego).