Os maiores de Brión aprenden a usar os seus móbiles
venres, 27 de marzo do 2009
Unha ducia de veciños e veciñas de Brión, todos eles maiores de cincuenta
anos, veñen de participar nun obradoiro para aprender a empregar os seus teléfonos
móbiles, impartido polo Banco de Tempo Municipal de Brión.
Segundo veñen de anunciar os seus responsables, “estas persoas coñecen o básico e saben facer unha chamada, pero queren
aprender tamén cousas como mandar SMS, programar a axenda, poñer a alarma...”.
Nas vindeiras xornadas, ademais de aprender o funcionamento do menú básico dos
seus terminais, os asistentes interactuarán entre eles para aprender uns dos
outros e traballar en grupo con cadanseus móbiles.