Os novos Honor Magic3 levarán por bandeira as súas cámaras e os servizos de Google
xoves, 12 de agosto do 2021
Dende
que Honor é unha compañÃa independente de Huawei (a falta de liquidez forzou a Huawei a vender a marca Honor a un consorcio chinés) faltáballe demostrar que tiña
auténticos móbiles insignia en vez de versións económicas dos móbiles de
Huawei, e por fin conségueo cos novos Honor Magic3, familia de móbiles que
funcionan con procesador Qualcomm Snapdragon de alta gama, acceso á tenda de
aplicacións de Google e grandes cámaras, elementos chaves para unha traxectoria
de futuro.
O móbil básico da nova serie serÃa o Honor
Magic3, con procesador Qualcomm Snapdragon 888, 8 GB de RAM, 128/256 GB de
almacenamento interno e baterÃa de 4.600 mAh (con carga rápida de 66 watts),
asà como unha pantalla AMOLED de 6,67 polgadas, HDR10+ e 120 Hz de velocidade
de refresco cun orificio para unha cámara frontal de 13 MpÃxeles. Sairá á venda
por a partir de 899 euros.
Logo temos o Honor Magic3 Pro, que xa ten opcións con 8/12 GB de RAM, 256/512
GB de almacenamento interno, altofalantes estéreo IMAX Enhanced, resistencia
IP68, recoñecemento facial e baterÃa de 4.600 mAh con carga rápida de 66 watts á
que haberÃa que engadir carga rápida sen fÃos a 50 watts. Sairá á venda por a
partir de 1.099 euros.
E, finalmente, o Honor
Magic3 Pro+, que contarÃa cun procesador Qualcomm Snapdragon 888+, 12 GB de
RAM e 512 GB de almacenamento interno, elevando o seu prezo até os 1.499 euros.
Esta familia de móbiles serÃa idéntica na parte frontal, de xeito que entre
versións muda a súa configuración de procesador, memoria e almacenamento, asÃ
como a súa cámara traseira. No caso do Magic3 a cámara traseira ten un sensor
CMOS de 50 MpÃxeles, unha cámara monocromo de 64 MpÃxeles e un ultra grande angular
de 13 MpÃxeles, mentres que o Magic3 Pro contarÃa tamén cun teleobxectivo de
3,5x e 64 MpÃxeles capaz de realizar un zoom hÃbrido de 10x e dixital de 100x.
O móbil máis impresionante a nivel de cámara serÃa o Magic3 Pro+, cunha cámara
principal de 50 MpÃxeles cun sensor de grande tamaño, un sensor monocromo de 64
MpÃxeles, un ultra grande angular de 64 MpÃxeles e un teleobxectivo de 3,5x e
64 MpÃxeles. Ou sexa, que aÃnda que o Magic3 Pro e o Magic3 Pro+ pode parecer
que teñen a mesma configuración de
cámara, realmente non é asÃ, xa que a cámara principal do Pro+ ten o dobre de
tamaño de sensor (sendo tamén de maior tamaño o resto de sensores), o que
consegue fotografÃas coa mesma resolución pero con moita mellor captación da
luz, o que tradúcese en imaxes de maior calidade, especialmente en interiores e
condicións de baixa luminosidade.
Falta agora que anuncien cando chegarán estes impresionantes smartphones ao
noso territorio, e a acollida que dará ao público a móbiles de tal gama baixo a
marca Honor.
- As cámaras traseiras con grandes sensores e o procesador máis potente de Qualcomm son o máis destacable do hardware do Honor Magic3 Pro+