Os novos móbiles de Google apostan decididamente pola IA
martes, 13 de agosto do 2024
Esta tarde celebrouse o noveno evento Made by Google para presentar non só novos smartphones e accesorios da familia Pixel, senón tamén funcionalidades baseadas en intelixencia artificial que buscan revolucionar o xeito de relacionarnos coa tecnoloxÃa.
Os novos móbiles de Google serÃan o Pixel 9, o Pixel 9 Pro e o Pixel 9 Pro XL, aos que nalgúns territorios acompañará o Pixel 9 Pro Fold (encartable que dá a impresión de que non veremos en España) movidos todos por un novo procesador Google Tensor G4.
En liñas xerais estamos ante uns móbiles que gardan a liña de modelos anteriores, reforzando o seu apartado fotográfico e presumindo de ter o dobre de resistencia que os modelos da anterior xeración.
O Pixel 9 chegará cunha pantalla de 6,3 polgadas, unha cámara traseira dual e 12 GB de RAM, cun prezo de 899 euros, mentres que o Pixel 9 Pro destaca por contar desta volta con dous tamaños: un modelo con pantalla de 6,3 polgadas e outro con pantalla de 6,8 polgadas, respondendo este último ao nome de Pixel 9 Pro XL. O seu prezo parte dos 1.099 euros (a versión de maior tamaño incremento o prezo en 100 euros) e as súas principais melloras son a cámara traseira tripla (con zoom óptico de até 10x) e 16 GB de RAM. Estes móbiles tamén melloran na súa cámara frontal (agora con enfoque automático) e en autonomÃa (até un 20% maior que a xeración anterior). En todos os casos inclúen 7 anos de actualizacións do sistema operativo e de seguridade.
O procesador Tensor G4 que integran foi deseñado pensando en Google DeepMind, ou sexa, optimizado para correr modelos de intelixencia artificial como Gemini Nano con multimodalidade, de xeito que os smartphones terán máis doado comprender texto, imaxes e son.
De cara á interacción cos usuarios, agora tamén estará dispoñible Gemini Live (para subscritores de Gemini Advanced), que permite interactuar mediante voz coa IA de Google en tempo real e de xeito natural (dun xeito semellante a como se fai coa aplicación de ChatGPT) tanto dende o teléfono como empregando auriculares Pixel Buds.
Con Pixel Studio tamén é posible crear imaxes mediante unha IA xenerativa; Pixel Screenshots pode lembrar as capturas de pantalla que tomemos (extraendo a información das mesmas para poder atopala longo mediante unha rápida busca); e as funcións de cámara continúan mellorando, incorporando desta volta unha interesante novidade que consiste en que o usuario pode tomar unha fotografÃa de grupo en dúas tomas, de xeito que pode integrarse de xeito automático nunha fotografÃa con máis xente sen ter que confiar o seu smartphone a un descoñecido.
Dende Google insisten en que as funcións de IA non se limitan ás funcionalidades de alteración e creación de fotografÃas, ou de xeración de texto, senón que están a redeseñar Android integrando Gemini profundamente, redefinindo o que os móbiles poden facer ao combinar os seus datos coa IA á vez que manteñen a privacidade. Con este tipo de afirmacións parecen querer lanzar a mensaxe de que, aÃnda que as novidades cheguen inicialmente ao móbiles da gama Pixel, co tempo chegarán á meirande parte de dispositivos con Android.
VÃdeo promocional dos novos Pixel 9
Auriculares confortables e con cancelación de ruÃdo avanzada
Os novos teléfonos de Google chegan acompañados por accesorios como os auriculares Pixel Buds Pro 2, que terán un prezo de 249 euros, e que supoñen un importante salto de calidade ao integrar un novo chip Google Tensor A1, que lle permite cancelar o dobre de ruÃdo, conseguir até 30 horas de autonomÃa coa cancelación de ruÃdo activa e incluso falar con Gemini para pedir axuda empregando unicamente a voz.
Estes auriculares tamén presumen de calidade de son grazas aos seus transdutores de 11 milÃmetros, aseguran conseguir chamadas telefónicas nÃtidas grazas o deseño dos seus micrófonos e ao uso da IA de Google e tamén son compatibles con servizo de localización de dispositivos de Google. O seu deseño é un 24% máis lixeiro e un 27% máis compacto que o seu modelo anterior e aseguran que son os auriculares de botón máis confortables do mercado.
VÃdeo de presentación dos auriculares Pixel Buds Pro 2
Reloxos con pantallas máis grandes
O outro accesorio presentado hoxe serÃa o Pixel Watch 3, cun prezo de 399 euros para a versión de 41 milÃmetros e de 449 euros para o modelo de 45 milÃmetros, aproveitando os incrementos de pantalla para amosar máis información, mentres que o maior brillo das pantallas tamén mellora a súa visibilidade en exteriores. Funciona con Wear OS 5 e a súa arquitectura promete unha autonomÃa capaz de durar o dÃa enteiro, podendo activarse cando é preciso un modo de aforro de enerxÃa capaz de incrementar a autonomÃa até 36 horas.
Aparte das tÃpicas funcións destinadas ao seguimento da actividade fÃsica e a práctica deportiva, o Pixel Watch 3 estrea a función de detección de perda de pulso, ou sexa, que detectarÃa paradas cardÃacas ou respiratorias, ou fallos circulatorios, sobredoses ou envelenamentos, podendo activar como resposta unha chamada aos servizos de emerxencia incluÃndo a localización do usuario.
Outra función que tamén pode resultar rechamante é a súa integración domótica, de xeito que o reloxo pode empregarse para, por exemplo, pausar a reprodución ou controlar o volume do que esteamos a ver cun Google TV Streamer, pero tamén servirÃa para que, cando se sae a facer deporte, se poida recibir directamente o sinal de vÃdeo dun timbre conectado, para asà poder comunicarse remotamente coa persoa que estea na porta do noso fogar (por exemplo, para darlle instrucións sobre onde pode deixar un paquete que vén entregarnos). Tamén hai algúns vehÃculos que permiten o uso do novo chip de banda ultra larga para poder empregar o reloxo a xeito de chave.
VÃdeo de presentación do Pixel Watch 3