Os ordenadores baixaron un 22,8% o último ano

luns, 17 de marzo do 2008

O Instituto Nacional de Estatística (INE) nos seus datos de febreiro recolle unha reducción interanual do 22,8% dos equipos informáticos en España e xa nos 2 primeiros meses do ano se rexistrou descenso dos prezos do 4%.
No caso doutros equipos audiovisuais o decenso interanual dos prezos é máis moderado (un 13,1%), aínda que no caso da fotografía e o cine a rebaixa tamén é importante (un 18%).

PUBLICIDADE