Os portátiles comezan a reinar as vendas de ordenadores persoais

mércores, 11 de xullo do 2007

A venda de ordenadores portátiles non para de medrar de xeito que están a ocupar o lugar dos ordenadores portátiles, o que se reflicte directamente nos datos anuais, de xeito que a previsión de equipos que se venderán este ano é dun total de 5,5 millóns, dos que se agarda que 2,9 sexan portátiles, superando o 50%.
Estas previsións da consultora IDC supoñen que en 2008 as vendas de portátiles se sitúen o 52,2% do total de unidades vendidas en Europa occidental, co que derrotarían ós ordenadores de sobremesa, ós que parecen estar substituíndo grazas á baixada de prezos dos equipos portátiles que de media custan uns 1.000 dólares (743 euros).

PUBLICIDADE