Os portos pesqueiros galegos axilizarán a súa actividade coa axuda das TIC
luns, 29 de decembro do 2008
A Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos está a iniciar o proxecto piloto TICPEC (TIC na Pesca) coa instalación de terminais nos portos pesqueiros de Galicia comezando pola Illa de Arousa, Bueu, Cariño, Cedeira, Muros e Baiona ou Cambados, co obxectivo de axilizar a obtención de documentos relacionados coa actividade pesqueira, acuícola e da comercialización, mesmo cando a lonxa estea inactiva.