Os rumores apuntan a un rotundo fracaso do proxecto OLPC

mércores, 26 de setembro do 2007

O anuncio da campaña Give 1 Get 1 para promocionar a difusión do proxecto One Laptop per Child está a amosar menos luces que sombras sobre a iniciativa de Negroponte, pois parece unha táctica desesperada por achegar o interese para o seu «ordenador de 100 dólares» que finalmente custaría 188 dólares (ou máis).
O propio Negroponte recoñeceu nunha entrevista que subestimara «a diferenza entre estreitar a man dun xefe de estado e ter un cheque asinado» e aínda que están a «manter conversas con ducias de países» parece que os pedidos non se están concretando, o que poderían deixar en fume a orixinal iniciativa.

PUBLICIDADE