Os vindeiros móbiles de Samsung permitirán agochar a pantalla a miradas indiscretas
mércores, 28 de xaneiro do 2026
Os teléfonos móbiles convertéronse no espazo máis persoal para millóns de persoas, pero o seu uso habitual prodúcese a miúdo en contornos pouco privados. No transporte público, en ascensores ou agardando en ringleiras, boa parte da vida dixital queda exposta a miradas alleas. E como solución a tal situación Samsung prepara unha nova capa de privacidade deseñada para protexer o contido do teléfono fronte a olladas indiscretas en calquera situación.
Esta solución permitirá, por exemplo, consultar mensaxes ou introducir contrasinais en espazos concorridos sen ter que preocuparse por quen poida estar observando a pantalla, e todos os rumores apuntan a que se estreará na nova familia de smartphones Samsung Galaxy S26.
Actualmente xa existen filtros que poden instalarse na pantalla do smartphone que reducen o ángulo de visión para conseguir afastar o contido da pantalla de miradas indiscretas, pero estamos ante unha solución de todo ou nada que resulta pouco práctica, xa que cando realmente queremos amosar a pantalla a alguén provoca problemas (xa que a redución do ángulo de visión é total e permanente), de aà que dende Samsung desenvolvesen unha solución máis personalizada e flexible.
A compañÃa surcoreana parte da idea de que non todos os usuarios precisan o mesmo nivel de privacidade. Por iso, a nova capa permitirá axustar o grao de protección segundo as necesidades de cada persoa, podendo reforzarse en aplicacións concretas ou en momentos sensibles, como o acceso a zonas privadas do dispositivo. Tamén ofrecerá distintos niveis de visibilidade para limitar a información que pode verse desde fóra, en función da configuración escollida.
Entre as opcións dispoñibles inclúese a protección de elementos especÃficos da experiencia de uso, como as notificacións emerxentes. O enfoque aposta pola flexibilidade, permitindo activar, axustar ou mesmo desactivar completamente estas funcións, no canto de aplicar unha protección uniforme a todo o dispositivo.
O desenvolvemento desta tecnoloxÃa é froito de máis de cinco anos de traballo en enxeñarÃa, probas e perfeccionamento. Durante este tempo, analizouse como empregan os usuarios os seus teléfonos, que consideran información privada e como debe integrarse a seguridade no uso cotián. O resultado é unha combinación de hardware e software pensada para protexer sen interferir na experiencia diaria.
