Ourense Leste dirá adeus á televisión analóxica en xuño de 2009

xoves, 10 de xullo do 2008

O Plan de transición á Televisión Dixital Terrestre na área técnica de Ourense Leste recolle que a zona deberá realizar o seu apagamento analóxico para o 3 de xuño de 2009, polo que os concellos do Bolo, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Larouco, Laza, Manzaneda, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, A Veiga, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso vivirán nos vindeiros meses acendidos dixitais por fases para que a TDT sexa unha realidade na zona antes dun ano.

PUBLICIDADE