Paula Vázquez publica o seu número telefónico en Twitter e provoca un grande rebumbio

luns, 22 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Fotografía <a href="https://twitter.com/PaulaVazquezTV/status/259969148845715456/photo/1/large">publicada por Paula Vázquez</a> para <em>"os seus tuiteiros"</em>A actriz e presentadora de televisión Paula Vázquez converteuse nas últimas horas na protagonista dun deses casos de famosos que pagan caro unha metedura de zoca en Twitter, pois a ferrolá publicou unha fotografía na que podía verse o seu número de teléfono , o que provocou unha vaga de chamadas de teléfono e mensaxes a través de WhatsApp, que non cesan pese a que a foto foi retirada.
Vázquez solicitou que deixaran de molestala por teléfono, pero ante a negativa por parte dos seus seareiros, optou por unha reacción infantil é incluso ilegal, pois está a publicar capturas de pantalla do seu móbil nas que poden verse os números de teléfono das persoas que intentaron contactar con ela telefonicamente, provocando unha polémica que a levou a converterse en Trending Topic e nun exemplo máis que empregarán nos relatorios de redes sociais sobre o que non debe facerse, xunto con anécdotas como as pirámides de David Bisbal ou as discusións de Alejandro Sanz.

Paula Vázquez reaccionou ao acoso telefónico publicando os números de teléfono dos que intentaban contactar con ela

PUBLICIDADE