Pechan 6 dos servidores de eDonkey máis importantes de Alemaña
mércores, 19 de setembro do 2007
A división xermana da Federación Internacional da Industria
Fonográfica (IFPI) acadou a desconexión de 16 dos servidores de eDonkey máis importantes do seu paÃs despois de emprender multitude de accións xudiciais contra os donos dos servidores en Hamburgo, Colonia, Düsseldorf, Leipzig e Fráncfort.
As accións da IFPI resultaron bastante controvertidas pois os responsables dos servidores de eDonkey/eMule accederan a instalar filtros para impedir o intercambio de cancións non autorizadas, o que non impediu que continuaran as súas demandas ata conseguir o peche de
servidores tan coñecidos coma os DonkeyServer do No1 ó No6.