Pérez Arriaga intervén en Ferrol no marco do ciclo Cultura Conciencia

xoves, 25 de outubro do 2007

O salón de actos do campus de Esteiro-Ferrol vai acoller esta mesma tarde (xoves, 25 de outubro) unha conferencia de Ignacio Pérez Arriaga, director da Cátedra BP de Desenvolvemento Sostible do Instituto de Investigación Tecnolóxica da Universidade Pontificia de Comillas que falará sobre Fontes de enerxía para un planeta sostible.
A intervención de Pérez Arriaga enmárcase dentro do ciclo Cultura Conciencia que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG) para achegar á cidadanía os termos de cultura ligado tradicionalmente á arte, ás humanidades e á ciencia. O acto terá lugar ás 19:00 horas.

PUBLICIDADE