Philips denuncia ante Bruxelas o canon dixital español
xoves, 14 de febreiro do 2008
A holandesa Philips
denunciou ante a Comisión Europea o chamado canon
dixital que se vén de ampliar en España por considerar que atenta
contra a lexislación comunitaria de libre comercio, como tamén fixo Imation
polo canon que se aplica en Holanda.
Segundo publican en Libertad Digital, Philips alega que o canon dixital español «orixina
importantes distorsións no mercado comunitario debido, sobre todo, ó seu
elevado custo». A taxa atentaría contra a libre distribución de mercadorías
dentro da Unión Europea e incentivaría a competencia desleal entre empresas.