Philips reduce un 75% os seus beneficios durante o primeiro trimestre do ano
martes, 15 de abril do 2008
A empresa holandesa Philips está a vivir unha crise
por mor da dura competencia no mercado dos televisores, polo que deixará
de fabricar televisores de pantalla plana para a súa venda nos EE.UU., ante
a caÃda do 75% dos seus beneficios durante o primeiro trimestre do ano.
Actualmente Philips
está a compensar este descenso de ventas cos crecentes sectores da saúde e
a iluminación.
