PlayStation Home non sairá ata 2008

venres, 21 de setembro do 2007

Sony anunciou que a súa comunidade virtual para PlayStation 3 se demorará ata comezos de 2008, de xeito que os usuarios que queiran introducirse no equivalente a Second Life para PS3 deberán ser pacientes.
PlayStation Home será un servizo que permitirá ós xogadores crear os seus propios avatares e contidos, e tería que saír no vindeiro outono, pero as últimas versións de probas do produto amosan que aínda queda moito que pulir para que teña unha calidade elevada e unha serie de características que satisfagan a demanda os usuarios dos distintos mercados nos que Sony colocou á súa consola (pois cambian moito as esixencias dos xogadores europeos, asiáticos e americanos).

PUBLICIDADE