Preparan a creación dun dominio de Internet para os paÃses latinoamericanos
luns, 3 de setembro do 2007
Os
paÃses latinoamericanos terán un dominio de Internet de seu, grazas a unha
iniciativa impulsada por NIC México que prevé a creación do novo sufixo para
2009.
O dominio latino aÃnda non está definido, podendo ser .lat, .latin, .latino ou .latam, e Óscar Carballos, directo da entidade mexicana que agarda
administrar o seu funcionamento, espera que ICANN o aprobe a primeiros de 2008
de xeito que antes de rematar o ano poderÃa estar a funcionar, seguindo os
pasos do dominio da Unión Europea e de Asia.