Preparan unha tarxeta SIM con A-GPS

martes, 25 de novembro do 2008

Sagem Orga e BlueSky Positioning están a traballar conxuntamente para conseguir incorporar un receptor GPS e unha antena dentro dunha tarxeta SIM, de xeito que os operadores móbiles poderían incorporar aos teléfonos comercializados de xeito sinxelo e económico as posibilidades dun GPS asistido.
O principal uso deste tipo de tarxeta SIM sería para os servizos de emerxencia (para localizar así as chamadas telefónicas con rapidez e precisión).

PUBLICIDADE