Presentación de DVD sobre Etiopía en Santiago

martes, 13 de maio do 2008

Implicadas no desenvolvemento presenta este xoves en Compostela un DVD cun documental sobre o que se está a facer en África dende o eido independente para paliar a problemática social e económica do continente. Máis polo miúdo, a obra A Semente – Etiopía analiza os proxectos de cooperación ao desenvolvemento que leva a cabo a dita organización galega. O acto de presentación do documental, dirixido por María Reimóndez e con imaxes de Paco Vilabarros, será ás 19 horas na sede da Fundación Galicia de Santiago.

PUBLICIDADE